sobre nós

DEXO é unha empresa de servizos industriais que ofrece un variado conxunto de solucións construtivas para proxectos e clientes, especialmente en materia de obra civís, instalacións eléctricas, melloras na eficiencia enerxética, instalacións contra o lume e instalacións de climatización, tanto como enxeñería e oficina técnica, como empresa instaladora.

Somos unha entidade nova formada por profesionais con longa experienca no sector, centrada en resolver cada novo reto, cada novo desfío, coas solucións técnicas máis adecuadas e a eficiencia e competividade económica requeridas.01_EntradaCartel

Con plena conciencia das dificultades do momento actual, DEXO aposta polo futuro.

Unha aposta sincera de compromiso co desenvolvemento sostible, a eficiencia enerxética, a innovación e a seguridade industrial. Unha aposta honesta de compromiso cos nosos clientes baseada no esforzo, na experiencia e na calidade do noso traballo.

O obxectivo de DEXO dende a súa fundación é chegar a ser unha empresa referente no sector, con proxección e desenvolvemento constantes, xerando valor engadido, confianza e responsabilidade social.