ALIMENTACIÓN ELÉCTRICA EN M.T.

Traballos eléctricos e de obra civil para alimentación eléctrica en M.T. consistindo en: entronque coa liña existente da compañía a nivel de tensión de 20kV, liña subterránea de Media Tensión con condutores RHZ1-240 entubados en zanxa de alimentación o CS de 800kVA, edificio prefabricado de formigón para “Centro de Seccionamento de compañía” e “Centro de Seccionamento e Medida do Centro de Transformación particular”, líña subterránea de Media Tensión con condutores RHZ1-150 entubados en zanxa de alimentación o CT particular en antena, edificio prefabricado de formigón para “Centro de Transformación particular de 250kVA” e liña de Baixa Tensión de alimentación a CXBT.

CLIENTE: Xunta de Galicia.

INSTALACIONS AMPLIACIÓN I.E.S. VILA DE CRUCES

Traballos de ampliación e reforma das instalacións dun centro educativo, incluíndo a montaxe de grupo contra incendios, batería de reserva contra incendios de 4×3000 litros, BIES, aerotermos para calefactar a zona de talleres, radiadores para calefactar a zona de aulas, nova instalación de fontanería en acero INOX, novos circuitos de calefacción, bombas de recirculación, reforma da sala de calderas e obra civil comprementaria.

MANTEMENTO CENTRO DE TRANSFORMACIÓN

Mantemento e revisión anual de Centro de Transformación cun transformador seco de 1.600kVA, según Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, que aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión, e en particular, o Artigo 21: Inspeccións periódicas das instalacións.

 

CLIENTE: Planta de Procesamiento de Aves

ADECUACIÓN VESTIARIOS PAVILLÓN POLIDEPORTIVO

Adecuación de vestiarios de pavillón polideportivo, incluíndo: montaxe de falso teito metálico microperforado con velo e paneis de illamento Isover NV-70, nova instalación de iluminación con paneis LED para falso teito, nova instalación de calefacción con fan-coils tipo cassette e tuberías de PP-R con illamento térmico, nova instalación de fontanería (tuberías de aceiro INOX, duchas antivandálicas e accesorios), traballos de selado de cuberta, saneado de bancos, colgadores e portas de madeira, e traballos varios de obra civil.

CLIENTE: Xunta de Galicia