áreas de negocio

Os nosos departamentos concentran a súa actividade en diferentes áreas comerciais, sempre interconectadas, para ofrecer un servizo integral no desenvolvemento de proxectos e execución de obras: somos enxeñaría e somos instaladores.

Desde o estudo de necesidades iniciais ata a legalización e posta en servizo, podemos contribuír a cada unha das fases do proxecto e aportar o noso valor fundamental: un capital humano formado e especializado.

A nosa política laboral busca alcanzar bos niveis de calidade mantendo o respecto polo medio ambiente e unha execución segura de actividades.

Por este motivo, establécense e actualízanse sistemas de xestión integrados e transversais en termos de medioambente, prevención e protección da saúde e control de calidade, incluída a certificación nas normas ISO.

Nesta área, tamén se prioriza o establecemento de relacións de confianza cos nosos provedores para ofrecer solucións flexibles e competitivas, axustadas técnica e economicamente.

Visite as áreas de negocio da empresa:

enxeñaría

enerxía

automatización e control

protección contra o lume

sistemas HVAC

obras civís