sobre nós

DEXO presta servizo a empresas e proxectos industriais, especialmente en materia de obra civil, instalacións eléctricas, eficiencia enerxética, instalación contra o lume e instalacións de climatización, tanto como enxeñería e provedor de solucións técnicas, como empresa instaladora.

En 2015, catro enxeñeiros en activo decidimos xuntar forzas e lanzar un proxecto conxunto coa intención de utilizar a experiencia adquirida para centrar e resolver cada novo reto técnico, ofrecendo as solucións máis axeitadas para cada proxecto, sempre coa eficiencia e competitividade económica esixida polo cliente.

01_EntradaCartel

Con plena conciencia das dificultades do momento actual, en DEXO apostamos polo futuro.

Unha aposta sincera de compromiso co desenvolvemento equilibrado, a eficiencia enerxética, a innovación e a seguridade industrial. Unha aposta honesta de compromiso cos nosos clientes baseada no esforzo, na experiencia e na calidade do noso traballo.

O obxectivo de DEXO dende a súa fundación é chegar a ser unha empresa referente no sector, con proxección e desenvolvemento constante.