Segundo as indicación do Ministerio de Sanidade e o novo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crisis sanitaria ocasionada polo Covid-19, informamos que DEXO puxo en marcha as medidas necesarias para evitar no posible a propagación do virus, mantendo a súa actividade e o servicio os nosos clientes en todas as áreas e mediante os medios necesarios para cumprir coa nova normativa.
O protocolo interno activado inclúe, entre outras medidas, as seguintes:
» Quedan restrinxidas as visitas comerciais.
» Mantense activa a atención telefónica e o funcionamento normal dos correos electrónicos.
» Para a entrega de materiais nas nosas instalacións é imprescindible que o provedor o notifique con anterioridade por teléfono ou email, e poder realizar a recepción coas medidas de seguridade oportunas.
O horario de recepción de materiais nas nosas instalacións axustase provisionalmente e ata novo aviso ao seguinte: 9:00 a 14:00h.