Nos días 14, 15 e 16 de Abril, terá lugar a primeira edición da Feira da Enerxía de Galícia, no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda (Pontevedra).
Este certame busca un lugar de encontro e converxencia de propostas, innovacións e coñecementos no ámbito da enerxía, entre as empresas, institucións, profesionais e consumidores, mediante un área expositiva e un amplo programa de xornadas técnicas.