SUBVENCIÓNS ENERXÍAS RENOVABLES 2.019

DEXO mantén o seu compromiso coas enerxías renovables, participando un ano máis, como entidade colaboradora do INEGA no Programa de Proxectos de Biomasa”, que permite subvencionar unha parte significativa da inversión.

Estas axudas están orientadas a persoas físicas, comunidades ou mancomunidades de veciños, propietarios dun inmoble e agrupacións de persoas físicas ou privadas. O prazo para a presentación de solicitudes será do 29 de Xaneiro ata o 28 de Febreiro de 2019.

DEXO realiza os estudos técnicos, a valoración económica, a solicitude e tramitación das subvencións, e a instalación.

As caldeiras de biomasa utilizan combustibles naturais (pellets de madeira, leña, osos de oliva, residuos forestais, cascas de froitos secos, etc.) na xeración de enerxía térmica para calefacción e ACS. Por iso, son consideradas as caldeiras máis ecolóxicas do mercado.

Pásate a Biomasa con nós.

INSTALACIÓNS CEIP Nº6 ILLESCAS (TOLEDO)

Coas probas finais, DEXO conclúe as instalacións para un centro educativo en Illescas (Toledo).

Do conxunto de instalación executadas, cabe destacar a montaxe dunha caldeira de biomasa de 350kW con silo de almacenamento, a instalación de climatización VRF con fluxo de refrixerante variable e tecnoloxía inverter para as aulas de educación infantil, a instalación de ventilación con 7 recuperadores de calor según a nova ErP 2018 e  as instalacións especiais de protección contra o lume (extinción automática de CO2 no silo de biomasa e extinción automática para cociña).

INSTALACIONS AMPLIACIÓN I.E.S. VILA DE CRUCES

Traballos de ampliación e reforma das instalacións dun centro educativo, incluíndo a montaxe de grupo contra incendios, batería de reserva contra incendios de 4×3000 litros, BIES, aerotermos para calefactar a zona de talleres, radiadores para calefactar a zona de aulas, nova instalación de fontanería en acero INOX, novos circuitos de calefacción, bombas de recirculación, reforma da sala de calderas e obra civil comprementaria.