ADECUACIÓN VESTIARIOS PAVILLÓN POLIDEPORTIVO

Adecuación de vestiarios de pavillón polideportivo, incluíndo: montaxe de falso teito metálico microperforado con velo e paneis de illamento Isover NV-70, nova instalación de iluminación con paneis LED para falso teito, nova instalación de calefacción con fan-coils tipo cassette e tuberías de PP-R con illamento térmico, nova instalación de fontanería (tuberías de aceiro INOX, duchas antivandálicas e accesorios), traballos de selado de cuberta, saneado de bancos, colgadores e portas de madeira, e traballos varios de obra civil.

CLIENTE: Xunta de Galicia

MONTAXE DE LIÑA DE PELADO E MOLTURADO DE SOIA

Montaxe de nova liña de pelado e molturado de sementes oleaxinosas para alimento de animais xóvenes, incluíndo: ampliación de forxados con aceiro laminado S-275 en estructuras atornilladas, montaxe de escaleiras e pasarelas metálicas de acceso os novos forxados, montaxe de maquinaria (muíño e tarara), montaxe de elevadores de cangilons, instalación de tuberías para transporte do producto e depósito de espera, instalación de aspiración e montaxe do transporte neumático das cáscaras o silo.

 

CLIENTE: Industria de Fabricación de Alimentos para Animais Xóvenes

REFORMA INSTALACIÓN DE CALEFACCIÓN

Reforma integral de instalación de calefacción en Centro de Ensinanza Primaria, incluíndo novos circuitos de distribución de impulsión e retorno, electroválvulas e instalación de grupo de bombeo. Instalación eléctrica de control automático de funcionamento, instalación de variadores de frecuencia e xestión remota, para un máximo aforro enerxético.

CLIENTE: Xunta de Galicia

 

REFORMA INSTALACIÓNS DE CENTRO DE ENSINANZA

Reforma integral da instalación de auga dun Instituto de Ensinanza Secundaria, incluíndo nova acometida con tubaxe de polietileno electrosoldable en zanxa, nova tubaxe de distribución interior en acero inoxidable AISI 316, nova valvulería en acero inoxidable, adecuación do cuarto de bombas, colectores, filtros, fluxores e demáis accesorios.

CLIENTE: Xunta de Galicia

SEPARADOR DE HIDROCARBUROS

Instalación de depósito separador de hidrocarburos soterrado na zona de lavado de maquinaria, incluindo montaxe do depósito separador con células coalescentes e axentes biodegradadores, canalización de recollida en acero INOX e canalización de desagüe en PVC.

04_FinalTubo INOX

CLIENTE: Industria de Fabricación de Pasta de Celulosa (Pontevedra)

Post Navigation