SUBVENCIÓNS ENERXÍAS RENOVABLES 2.019

DEXO mantén o seu compromiso coas enerxías renovables, participando un ano máis, como entidade colaboradora do INEGA no Programa de Proxectos de Biomasa”, que permite subvencionar unha parte significativa da inversión.

Estas axudas están orientadas a persoas físicas, comunidades ou mancomunidades de veciños, propietarios dun inmoble e agrupacións de persoas físicas ou privadas. O prazo para a presentación de solicitudes será do 29 de Xaneiro ata o 28 de Febreiro de 2019.

DEXO realiza os estudos técnicos, a valoración económica, a solicitude e tramitación das subvencións, e a instalación.

As caldeiras de biomasa utilizan combustibles naturais (pellets de madeira, leña, osos de oliva, residuos forestais, cascas de froitos secos, etc.) na xeración de enerxía térmica para calefacción e ACS. Por iso, son consideradas as caldeiras máis ecolóxicas do mercado.

Pásate a Biomasa con nós.

SUBVENCIÓN AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA

Apertura do Prazo de Solictude de Subvencións

A Xunta de Galicia aprobou as bases reguladoras da concesión de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e convocar a todos aqueles interesados en solicitalas en función do establecido nas bases reguladoras. O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 11 de febreiro.

As axudas para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industrial e servizos (agás as pymes cuxa actividade sexa a transformación de produtos da pesca e da acuicultura) obxeto destas bases están suxeitas as condicións que se establecen no capítulo I do Regramento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xunio de 2014 e o procedemento administrativo para a concesión de subvencións será o de concurrencia competitiva.

Proxectos de Aforro e Eficiencia Enerxética Subvencionables

  • Sustitución ou mellora de equipos e instalacións consumidoras de enerxía do proceso produtivo.
  • A renovación ou mellora de equipos de instalacións existentes de producción de ca­lor e frío.
  • A meLLora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.
  • Novas instalacións de coxeración y de xeración.
  • Outras instalacións que inclúan aforro enerxético (20%).
  • Imprantación de medidas de contabilización, monitorización e telexestión do consumo de enerxía asociadas as actuacións de aforro.

REVOGAN O IMPOSTO AO SOL

Revogan o imposto ao sol

O Goberno decideu revogar o chamado ‘imposto ao sol’, que dificudaba e desanimaba o desenrolo da enerxía solar fotovoltaica e o autoconsumo eléctrico en España, dentro das medidas incluídas no real decreto lei aprobado o 5 de outubro polo Consello de Ministros. A ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, dixo que esta medida ten como obxectivo aliviar “a demora de España neste asunto”, xa que non é lóxico que “un país rico en sol como España teña 1.000 instalacións, fronte ao millón que ten Alemaña”. “Hai un longo percorrido”, dixo.

Ademais, recoñécese o dereito ao autoconsumo compartido por un ou varios consumidores, o que permitirá a explotación das economías de escala; así como para auto-consumir electricidade sen peaxes ou cargas. Por conseguinte, revógase a carga imposta ao consumidor autónomo para a enerxía xerada e consumida na súa propia instalación, o chamado ‘imposto ao sol’. Segundo o Executivo, o desenvolvemento do autoconsumo garante aos consumidores “o acceso a alternativas máis económicas e respectuosas cos límites do planeta, contribúe a reducir as necesidades da rede eléctrica, xerará maior independencia enerxética e reduce as emisións de gases de efecto invernadoiro“. Ademais, considera que é unha actividade “xeradora de empregos vinculados á transición ecolóxica, como xa se demostrou nos países que nos rodean”. Xa o ano pasado e o pasado mes de maio, todos os grupos políticos, coa excepción do Partido Popular, apoiaron no Congreso dos Deputados o recoñecemento do dereito a autoconsumir electricidade sen ningún custo. Deste xeito, a ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, finaliza o real decreto sobre autoconsumo eléctrico aprobado polo goberno anterior en 2015, que foi o primeiro regulamento para que os consumidores puidesen xerar a súa propia electricidade, mais que naceu envolta de polémica, debido ao chamado “imposto ao sol”, e que chegou a ser avalado polo Tribunal Supremo.

Beneficios para o consumidor

Segundo IDEA, o autoconsumo contribúe a reducir o aumento do prezo da electricidade no mercado maiorista diario pola diminución da demanda (se o consumo propio aumenta, as compras no pool reduciranse) e aumentará a oferta (se hai excedentes de enerxía propia producida, producirase un aumento da enerxía). Ademais, a produción de enerxías renovables é máis económica que a de fontes fósiles o que pode causar un abaratamento xeneralizado. Pero tamén no día a día, o autoconsumo é máis rendible para as familias. Segundo Jorge Morales de Labra, para unha familia media, o autoconsumo significaría un aforro de 40 euros ao mes nunha factura de 70, é dicir, a produción e consumo propios reduce a factura eléctrica nun 60%, aínda que advirte que esta cifra variará segundo o tipo de consumo. O investimento inicial para unha familia media sería de 5.200 euros, o que supón uns 10 paneis que ocuparían uns 20 metros cadrados de superficie, co que se produciría a mesma enerxía que se consumirá, en termos anuais, porque no verán producirase máis e menos no inverno.

INSTALACIÓN DE CALDEIRAS DE BIOMASA SUBVENCIONADAS 2017

DEXO mantén o seu compromiso coas enerxías renovables, participando un ano máis, como entidade colaboradora do INEGA no Programa de Instalación de Caldeiras de Biomasa”, que permite subvencionar unha parte significativa da inversión.

Estas axudas están orientadas a persoas físicas, comunidades ou mancomunidades de veciños, propietarios dun inmoble e agrupacións de persoas físicas ou privadas. O prazo para a presentación de solicitudes será do 24 de Marzo ata o 23 de Abril de 2017.

DEXO realiza os estudos técnicos, a valoración económica, a solicitude e tramitación das subvencións, e a instalación.

As caldeiras de biomasa utilizan combustibles naturais (pellets de madeira, leña, osos de oliva, residuos forestais, cascas de froitos secos, etc.) na xeración de enerxía térmica para calefacción e ACS. Por iso, son consideradas as caldeiras máis ecolóxicas do mercado.

Pásate a Biomasa con nós.

Post Navigation