PROTOCOLO ACTUACIÓN COVID-19

Segundo as indicación do Ministerio de Sanidade e o novo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crisis sanitaria ocasionada polo Covid-19, informamos que DEXO puxo en marcha as medidas necesarias para evitar no posible a propagación do virus, mantendo a súa actividade e o servicio os nosos clientes en todas as áreas e mediante os medios necesarios para cumprir coa nova normativa.

O protocolo interno activado inclúe, entre outras medidas, as seguintes:

» Quedan restrinxidas as visitas comerciais.

» Mantense activa a atención telefónica e o funcionamento normal dos correos electrónicos.

» Para a entrega de materiais nas nosas instalacións é imprescindible que o provedor o notifique con anterioridade por teléfono ou email, e poder realizar a recepción coas medidas de seguridade oportunas.

O horario de recepción de materiais nas nosas instalacións axustase provisionalmente e ata novo aviso ao seguinte:  9:00 a 14:00h.

CALDEIRAS DE PELLETS HARGASSNER PARA ESCOLA

Renovación da instalación de calefacción nuncha escola en Vigo (Pontedra) mediante a instalación de 2 caldeiras de pellets ECO-PK 90kW de Hargassner, modulantes e alimentadas dende silo de obra, con sistema de regulación, sistema de elevación de temperatura do retorno e sistema xestión remota, incluíndo tanques de inercia, colectores de impulsión e retorno, tubos de distribución, bombas aceleradoras electrónicas, cheminea modular para saída de gases, instalación eléctrica e de control.

Os elementos emisores amplíanse coa instalación de radiadores de aceiro e aeroquentadores Baxi UL 212 G no ximnasio.

    

RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS EN CENTRO EDUCATIVO

Renovación das instalacións (calefacción, fontanería, saneamento e protección contra incendios) dun instituto en Marín (Pontevedra).

A instalación de calefacción renóvase coa instalación de 3 caldeiras de pellets Ökofen PES 64KW, modulantes e alimentadas dende un silo téxtil flexible, cun sistema de regulación en cascada, sistema de subida da temperatura de retorno e sistema de xestión remota, incluídos os tanques de inercia, colectores de impulsión e retorno, tubos de distribución, bombas aceleradoras electrónicas, cheminea modular, instalación eléctrica e de control. Pintanse os elementos emisores e substitúense a valvulería.

Instalación analóxica de detección de incendios (panel de control, botóns de alarma, detectores de fume e alarmas audibles) e extinción (grupo de presión contra incendios, tanque de 4×3.000 litros, BIEs, rede de tubos e extintores).

Renovación de instalacións comúns de fontanería e saneamento, incluídas nova baixantes, un novo abastecemento de auga, colector de aceiro inoxidable e válvulería.

    
    

CALDEIRAS DE PELLETS ÖKOFEN PARA CENTRO EDUCATIVO

Renovación da instalación de calefacción no CEIP Tenorio-Cotobade mediante a instalación de 3 caldeiras de pellets Ökofen PES 64KW, modulantes e con alimentación dende silo téxtil flexible, con sistema de regulación en cascada, sistema de elevación da temperatura do retorno e un xestión remota, incluíndo depósitos de inercia, colectores de impulsión e retorno, tubos de distribución, bombas aceleradoras electrónicas, cheminea modular para saída de gases, instalación eléctrica e de control. Os elementos emisores amplíanse coa instalación de radiadores de aluminio inxectados.

    

 

SUBVENCIÓNS ENERXÍAS RENOVABLES 2.019

DEXO mantén o seu compromiso coas enerxías renovables, participando un ano máis, como entidade colaboradora do INEGA no Programa de Proxectos de Biomasa”, que permite subvencionar unha parte significativa da inversión.

Estas axudas están orientadas a persoas físicas, comunidades ou mancomunidades de veciños, propietarios dun inmoble e agrupacións de persoas físicas ou privadas. O prazo para a presentación de solicitudes será do 29 de Xaneiro ata o 28 de Febreiro de 2019.

DEXO realiza os estudos técnicos, a valoración económica, a solicitude e tramitación das subvencións, e a instalación.

As caldeiras de biomasa utilizan combustibles naturais (pellets de madeira, leña, osos de oliva, residuos forestais, cascas de froitos secos, etc.) na xeración de enerxía térmica para calefacción e ACS. Por iso, son consideradas as caldeiras máis ecolóxicas do mercado.

Pásate a Biomasa con nós.

SUBVENCIÓN AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA

Apertura do Prazo de Solictude de Subvencións

A Xunta de Galicia aprobou as bases reguladoras da concesión de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e convocar a todos aqueles interesados en solicitalas en función do establecido nas bases reguladoras. O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 11 de febreiro.

As axudas para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industrial e servizos (agás as pymes cuxa actividade sexa a transformación de produtos da pesca e da acuicultura) obxeto destas bases están suxeitas as condicións que se establecen no capítulo I do Regramento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xunio de 2014 e o procedemento administrativo para a concesión de subvencións será o de concurrencia competitiva.

Proxectos de Aforro e Eficiencia Enerxética Subvencionables

» Sustitución ou mellora de equipos e instalacións consumidoras de enerxía do proceso produtivo.

» A renovación ou mellora de equipos de instalacións existentes de producción de ca­lor e frío.

» A mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.

» Novas instalacións de coxeración y de xeración.

» Outras instalacións que inclúan aforro enerxético (20%).

» Imprantación de medidas de contabilización, monitorización e telexestión do consumo de enerxía asociadas as actuacións de aforro.

Post Navigation