sistemas HVAC

En DEXO HVAC ofrecemos un servizo integral de asesoría e execución material de instalacións de climatización, ventilación e frío industrial.

Con dilatada experiencia profesional técnica e con software de última xeración, desenvolvemos as mellores solucións para cada proxecto, incluíndo o sistema de control de operación e mantemento, co máximo de confort, garantía, seguridade e eficiencia enerxética.calorifugado

Realizamos instalación de sistemas HVAC (Heating, Ventilation and Air Conditioning), instalacións xeotérmicas e instalacións solares térmicas.

Reducimos o consumo da súa instalación coa aplicación de sistemas de aforro enerxético: free-cooling e recuperación de calor.