protección contra incendios

En DEXO PCI ofrecemos un servizo integral de asesoría e instalación de sistemas de detección, extinción e sectorización contra incendios.

Para o desenvolvemento desta actividade, especializámonos en todas as tecnoloxías existentes e contamos co apoio de software de última xeración. En DEXO apostamos pola implantación de novos axentes extintores: gases inertes e gases limpos, para a protección de áreas normalmente ocupadas e áreas con riscos eléctricos e electrónicos.

Os nosos sistemas abarcan tanto instalacións industriais como terciarias, centros hospitalarios, centros de ensino e centros comerciais, achegando deseños adaptados a cada sistema e a locais de especial risco.
Grupo presión PCI

Realizamos montaxes de sistemas automáticos de detección de incendios, sistemas manuais de alarma de incendios e sistemas de comunicación de alarma.

No ámbito da extinción, executamos instalacións de BIEs e hidrantes, sistemas de rociadores automáticos, sistemas de extinción de auga nebulizada e pulverizada, sistemas de extinción por gases, sistemas de columna seca e sistemas de escuma física de baixa expansión.

A nosa oferta de servizos complétase coa aplicación de sistemas de protección pasivos: portas cortalumes, proxección de morteiros, pinturas intumescentes, paneis ríxidos resistentes ao lume e accesorios de selado de penetracións.