Realizamos traballos de obra civil, estruturas metálicas, urbanización, edificación e obra complementaria, incluíndo obra nova, demolicións e reformas.
O noso ideal construtivo, desde o coñecemento dos materiais, os esforzos e as deformacións das estruturas, busca o punto de equilibrio entre a funcionalidade e a estética, apoiándose nos últimos avances tecnolóxicos e mantendo sempre presente o impacto ambiental e a calidade de execución.
A experiencia profesional dos nosos técnicos fainos especialistas na execución de cimentacións, estruturas de formigón e estruturas metálicas en condicións adversas (ambientes industriais e ambientes químicos), ofrecendo as mellores solucións de protección e revestimento.
A nosa oferta de servizos inclúe tamén a realización de insonorizacións de recintos e maquinaria, impermeabilizacións, montaxe de cerramentos e cubertas, traballos de saneamento de estruturas deterioradas e instalacións de fontanería e saneamento.
Tamén executamos a obra civil complementaria de redes de enerxía e telecomunicacións.