enxeñaría e proxectos

En DEXO ENXEÑARÍA desenvolvemos proxectos industriais, estudos de viabilidade, estudos de eficiencia, memorias técnico-económicas e legalización de instalacións.

Contamos cunha oficina técnica multidisciplinar composta por enxeñeiros industriais e civís, enxeñeiros técnicos e delineantes para dar cobertura tanto as necesidades de grandes proxectos, coma as de pequenas instalacións específicas e especializadas.

O noso servizo de enxeñaría ofrece asistencia en todas as fases de cada proxecto, a partir da recollida de datos e das necesidades iniciais dos clientes, ata a legalización da obra rematada (enxeñaría, cálculo e deseño, planificación e control da obra).

A experiencia profesional dos nosos técnicos inclúe o desenvolvemento de proxectos de subestacións eléctricas, plantas de biomasa, naves industriais, centros emisores de telecomunicacións, alimentacións eléctricas en alta e baixa tensión, illamento acústico de industrias en áreas naturais protexidas e sectorización contra incendios de aparcamentos, entre moitos outros .

No noso departamento técnico, poñemos os nosos recursos á súa disposición para:

» Proxectos industriais: cálculo e deseño de infraestruturas, obras civís e instalacións.

» Cálculo e deseño de cadros eléctricos.

» Proxectos de automatización e control: programación, integración e desenvolvemento de scadas.

» Estudos de eficiencia enerxética: medición de consumos, análise de custos e propostas correctoras.

» Deseño e cálculo da instalación de máquinas e motores: alimentacións, proteccións, caixas de campo, inversores de frecuencia e refrixeración.

» Deseño e cálculo de redes de seguridade contra incendios: detección e extinción.

» Proxectos de insonorización de espacios e máquinas. Estudos acústicos.

» Deseño e cálculo de sistemas HVAC.

» Legalización de instalacións: boletíns, visados e xestión cos organismos competentes.

» Dirección de obras: seguimento, control e coordinación das obras.