enerxía

En DEXO ENERXÍA somos especialistas en instalacións eléctricas de Alta e Baixa tensión, así como en instalacións orientadas ó sector das telecomunicacións.

A experiencia dos nosos técnicos achega solucións óptimas e innovadoras no deseño e a execución, na selección de equipos, na defición de trazados e na integración da supervisión e o control.CIMG0193

Realizamos a montaxe e a instalación de transformadores de potencia, transformadores de intensidade e de tensión, celas de media tensión, centros de transformación, motores, variadores de frecuencia, arrancadores suaves e equipos de compensación de enerxía reactiva.

As nosas instalacións dispoñen de taller de fabricación propio para a manufactura de todo tipo de cadros eléctricos de potencia e control.

Tamén realizamos instalacións de CCTV, cableado estruturado, fibra óptica e aseguramiento de cargas mediante SAIs e conmutacións automáticas de rede.

En DEXO estamos comprometidos co medio ambiente e a innovación, impulsando instalacións enerxéticamente viables mediante enerxías verdes e novos sistemas de abastecemento que permiten un aforro significativo na factura eléctrica, ademais de especializarnos en sistemas de autoconsumo e instalación de iluminación LED.